O pasado venres, 23 de maio de 2025, tivo lugar a Xunta Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, celebrada no Salón de Actos da Delegación provincial da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en Ourense.
A xuntanza estivo presidida por Manuel Rojo, presidente do Colexio, acompañado polo secretario Miguel Viso, a tesoureira Gloria Bernárdez e o vicepresidente Pepe Paz.
Durante a sesión tratáronse diversos puntos recollidos na orde do día, entre os cales destacan:
- A lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- A presentación da memoria de actividades do ano 2024, que recolle o conxunto de accións desenvolvidas polo Colexio.
- O informe económico e o estado de contas do exercicio 2024.
O encontro serviu tamén como espazo de diálogo entre a xunta directiva e os colexiados, permitindo valorar conxuntamente os retos actuais do sector e a importancia de seguir fortalecendo o papel da enxeñaría agrícola na provincia.
Desde o Colexio agradecemos a participación de todos os asistentes e renovamos o noso compromiso coa defensa, visibilidade e desenvolvemento profesional do colectivo.