COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Colexiación

OBRIGACIÓN DE COLEXIARSE. COLEXIACIÓN ÚNICA

(Art. 35 dos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas)

É requisito indispensable para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola acharse incorporado ao Colexio correspondente. Para exercer en todo o territorio nacional abondará a incorporación a un único dos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas. Este será o do domicilio único ou principal do profesional; ou, no seu defecto, o do lugar onde se desenvolva efectivamente a profesión.

Porqué Colexiarse?

Colexiarse ten numerosas ventaxas, 
bota unha ollada ao porqué merece a pena

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN PARA A COLEXIACIÓN

Requisitos

Documentación

DEREITOS DE INGRESO

Se solicitas a colexiación dentro do ano natural seguinte á data de obtención do título, a túa cota de ingreso será gratuita

(*) Redución do 30 % en caso de xustificar situación de desemprego.
(**) Nas correspondentes cuotas van incluidos os gastos de tramitación.

Os colexiados que estén en situación de desemprego poden beneficiarse dunha redución do 30% no importe da cuota colexial, reducíndose a 23.10 €, e da cota de ingreso, no seu caso, aportando ao Colegio o Certificado de Situación Laboral expedido con data actual polo Servizo de Emprego ou a tarxeta de desemprego. Este trámite débese realizar dentro dos últimos quince días do último mes de cada trimestre, aportando o certificado actualizado, ben desde a Ventanilla Única, ben presentándoo nas nosas oficinas; en caso contrario non se aplicará a redución na siguiente cota.

Ademais, a tenor do convenio que temos co Banco Sabadell, abrindo unha conta en calquera oficina do Banco Sabadell, e domiciliando os recibos do Colexio, farase a devolución do 10% do importe da cuota de colexiado (Ata un máximo de 100 euros ao ano). Máis información aquí.

Unha vez cumplimentado o impreso, pode envialo á nosa dirección de correo electrónico: colegio@agricolasourense.com, ou ben pode entregalo directamente no colexio.

REQUISITOS REINSCRICIÓN

Unha vez cumplimentados os impresos, pode envialos á nosa dirección de correo electrónico: colegio@agricolasourense.com, ou ben pode entregalo directamente no colexio.