Por qué colexiarse
Por qué elexir COITA
É requisito indispensable para o exercicio da profesión de EnxeñeiroTécnico Agrícola acharse incorporado ao Colexio correspondente. Para exercer en todo o territorio nacional abondará a incorporación a un solo dos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas. Este será e do domicilio único ou principal do profesional; ou, no seu defecto, o do lugar onde se desenvolva efectivamente a profesión.
Art. 35 dos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.
Moitas son as persoas que preguntan polas vantaxes e inconvenientes que reporta estar colexiado, pois ben, calquera colexio profesional se pode considerar como un «caixón de xastre» onde caben persoas, ideas e servizos. As persoas han de cumprir un requisito único e imprescindible: posuír o título de Enxeñeiro ou perito Agrícola

As ideas, todas, as máis plurais; ademais, se achegan algo á profesión por pouco que sexa, mellor. En canto aos servizos, entre todos os compañeiros se han de marcar as metas e os obxectivos a cubrir, por iso coas ideas de todos, podemos determinar que tipos de servizos ten que poñer o Colexio a disposición dos colexiados; considerando que os servizos teñen un custo económico e humano que ha de ser sufragado polas persoas que integramos o colexio.
- Bolsa de traballo.
- Cursos de formación: Periodicamente realízanse cursos de formación de diversa natureza.
- Preparación de Oposicións.
- Servizo de información relativa á profesión: recursos, disposicións oficiais, normativas.
- Visado de proxectos e realización de certificados.
- Seguros: La Mutualidade de Previsión Social dos Enxeñeiros Técnicos Agrícolas Españois ofrece diversos tipos de seguros a nosos colexiados.
- Peritacións legais.
- Defensa para o cobramento dos honorarios profesionais legais.