A nosa historia
Sobre nós
A nosa organización naceu mediante o Decreto da Xunta de Galicia 448/2003, do 18 de decembro, polo que se crea por segregación o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Ourense, publicándose no DOG do 05/01/2004.
Con data do 09/03/2004 notificouse, por escrito, acompañado de copia da convocatoria e da acta da asemblea xeral extraordinaria constituínte e dos estatutos aprobados, a formalización xurídica do Colexio á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, aos efectos do estipulado no decreto de segregación para a cualificación de legalidade, aprobación definitiva dos estatutos e inscrición da nosa organización no Rexistro de Colexios Profesionais de Galicia.
Mediante Orde do 23/07/2004, publicada no DOG de 16/08/2004, a citada consellería ratificou a legalidade dos estatutos, procedendo á súa aprobación definitiva e a súa publicación.

Algunhas das nósas funcións
- Informar debidamente de todo proxecto de modificación da lexislación existente sobre Colexios profesionais.
- Informar dos proxectos de disposicións xerais de carácter fiscal que afecten concreta e directamente á profesión.
- Tratar de conseguir o maior nivel de empleo dos colexiados, colaborando coa Administración na medida que resulte necesario.
- Editar publicacións profesionais, sempre que as dispoñibilidades económicas o permitan.
- Estimular os sentimentos corporativos de todo orden e, en especial, aqueles que tendan a contribuir ao progreso científico e ao benestar individual e colectivo dos profesionais.
- Participar na organización da ensinanza profesional e realizar cantas xestións sexan precisas para representar aos seus colexiados nos Organismos do Estado que a rixan, elevando á superioridade as propostas que a experiencia profesional aconselle, en relación cos plans de estudos e creación de novas Escolas.
- Perseguir o intrusismo exercendo a vixilancia precisa e as accións procedentes para impedir a súa existencia.
- Estar en relación constante co Poder Público para todos os problemas que afecten ao exercicio da profesión, reivindicando os dereitos e o público respeto da súa dignidade, ou intervindo na redacción das disposicións que regulen as atribucións e competencias dos seus titulados.
- Entablar todas aquelas accións xudiciais que considere necesarias en defensa dos seus intereses profesionais, incluso ante o Tribunal Supremo.