COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

O sector agrícola ourensán celebra esta noite a súa gran cita con San Isidro

Esta noite, o sector agrícola da provincia reunirase para celebrar a festividade de San Isidro Labrador, patrón dos e das profesionais do agro, nun evento que terá lugar ás 21:30 horas no Restaurante El Coto (Ourense). A iniciativa está organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros  Agrícolas de Ourense.

Un dos momentos máis agardados será a presentación da nova edición da revista profesional do Colexio, que aposta por un enfoque máis humano e próximo. A publicación deste ano dá voz ás historias persoais das persoas que traballan no rural ourensán, co obxectivo de poñer en valor o seu labor e compromiso co desenvolvemento sostible.

A gala incluirá tamén importantes actos institucionais e simbólicos:

  • Toma de xuramento dos Estatutos e Normas Deontolóxicas por parte dos novos colexiados, coa entrega do diploma acreditativo de alta e a imposición da insignia de prata, mantendo viva a tradición neste día tan especial.
  • Entrega de distincións aos colexiados que cumpren 25 e 50 anos de exercicio profesional, recoñecendo a súa traxectoria e compromiso.
  • Premio ao mellor proxecto do ano 2024, destacando a innovación e o talento dentro do colectivo.

A celebración contará coa presenza de destacadas personalidades institucionais como:

  • Mª José Gómez Rodríguez, conselleira do Medio Rural
  • José Antonio Armada Pérez, director territorial da Consellería do Medio Rural
  • Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do Campus de Ourense
  • Rosendo Luis Fernández Fernández, deputado de Representación Institucional

Xunto a outras autoridades e convidados/as dos ámbitos profesional e académico, converterán este evento nun punto de encontro clave para o colectivo agrícola e rural da provincia.

📸 Os medios gráficos están convidados a cubrir este acto simbólico e representativo dun sector esencial para a identidade e economía do noso territorio.