O próximo sábado 22 de marzo ás 13:00 horas, a cafetería do Auditorio de Galicia, Lasso será o escenario dunha experiencia sensorial única baixo o título «Sabores en Harmonía: Viños de Monterrei e Froitas Frescas». Esta actividade forma parte do ciclo gastronómico Os Sábados de Lasso e busca amosar a versatilidade dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, combinándoos con froitas frescas para potenciar os seus aromas e matices.
A sesión estará dirixida por o noso colexiado Luis Miguel López Núñez, director técnico do CRDO Monterrei, enxeñeiro técnico agrícola e licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, quen guiará aos asistentes a través dun percorrido polos sabores e características destes viños.
Durante a cata, os participantes poderán descubrir novas maridaxes e experimentar combinacións innovadoras, como un Godello con pera ou unha Mencía con froitos vermellos, explorando así a infinidade de posibilidades que ofrece a harmonización entre viño e froita.
A entrada é de balde, pero debido ao aforo limitado, recoméndase facer unha inscrición previa enviando un correo electrónico a cafeterialasso@gmail.com.
Se es amante do viño e da boa gastronomía, non podes perder esta oportunidade de descubrir unha nova forma de degustar os viños de Monterrei en combinación con sabores frescos e naturais.
📍 Data e hora: Sábado 22 de marzo ás 13:00 h
📍 Lugar: Cafetería do Auditorio de Galicia, Lasso
📍 Entrada gratuíta