COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Recoñecemento e identidade: o compromiso do Colexio co Ribeiro

Onte celebrouse en Ourense a gala dos XIV Premios D.O. Ribeiro, un evento clave para o sector vitivinícola galego, que recoñece o traballo e o talento das persoas e proxectos que manteñen viva a tradición e a calidade do viño na comarca.

Nesta edición, o Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense estivo representado polo seu presidente, Manuel Rojo López; o vicepresidente, Pepe Paz; e o secretario, Miguel Ángel Viso Diéguez. A súa presenza na gala amosa, unha vez máis, o compromiso do Colexio co desenvolvemento sostible, a innovación e a posta en valor do viño galego e do seu territorio.

Entre os galardoados destacou a viticultora Elisa Collarte, que recibiu o Premio “Vida entre Vides” pola súa traxectoria e compromiso coa terra, un exemplo de paixón e esforzo no cultivo do viñedo.

Ademais, a gala contou coa participación de varios colexiados do Colexio que forman parte activa do sector, como Pablo Estévez, mellor enólogo de viño novo de España; Eliseo Méndez Estévez, de Cuñas Davia; Diego Doniz Diéguez, de Tear dos Dodi; e Jesús Bernal, que achega unha visión técnica dende o seu estudo de enxeñaría. Todos eles representan a innovación, a calidade e o arraigo ao territorio que caracterizan o viño do Ribeiro.

Este tipo de eventos son moito máis que unha celebración; constitúen un espazo para o encontro, a colaboración e o impulso ao futuro do viño galego. Ademais, son unha chamada a seguir traballando conxuntamente, institucións e profesionais, para valorizar os produtos, o medio e a identidade do noso rural.

Desde o Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, mantemos o compromiso de apoiar e dar visibilidade a todas aquelas iniciativas que traballan polo futuro da agricultura e do territorio galego.