COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

O Colexio, ao carón do viño e da tradición

O Colexio volve demostrar o seu firme compromiso coa defensa e promoción do patrimonio, da terra e do produto propio ao participar activamente na 62ª Feira do Viño do Ribeiro, celebrada estes días en Ribadavia. A entidade suma así o seu apoio institucional a un evento que non só honra a tradición vitivinícola galega, senón que tamén representa un espazo de encontro cultural e dinamización social e económica da comarca.

A Xunta de Goberno do Colexio reuniuse hoxe no marco desta celebración, subliñando con presenza activa a importancia de apoiar iniciativas que poñen en valor a identidade galega a través dos seus produtos de calidade e das súas tradicións. A feira, símbolo do arraigamento e da excelencia dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro, transforma as rúas de Ribadavia en escenario de actividade, música e sabores, converténdose nun reflexo do que somos como pobo.

O Colexio celebra con entusiasmo esta cita anual, que vai máis alá dunha feira: é unha mostra viva da nosa cultura, do noso xeito de facer e de compartir. Apoiar estes espazos é, para o Colexio, unha forma de seguir contribuíndo ao desenvolvemento sostible do territorio e ao recoñecemento do noso patrimonio como valor estratéxico.