COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Novas vías de colaboración entre o Colexio e Catastro

Pepe Paz e Manuel Junco mantiveron unha reunión de seguimento do convenio entre ambas as entidades para avanzar na coordinación e no intercambio de información

O presidente do noso Colexio e o xerente territorial do Catastro en Ourense  mantiveron unha reunión no marco do convenio de colaboración existente entre ambas entidades.

O encontro,  serviu para facer seguimento do convenio e analizar as diferentes vías de colaboración entre ambas as institucións, co obxectivo de continuar mellorando a coordinación e o intercambio de información no ámbito da xestión catastral.

Durante a reunión púxose de manifesto a importancia da colaboración cos colexios profesionais para contribuír á actualización e mellora da información territorial, así como para facilitar aos profesionais o acceso aos recursos e servizos que ofrece o Catastro.

Neste sentido, ambas as partes coincidiron no interese de seguir avanzando nunha colaboración próxima e coordinada, especialmente naqueles ámbitos nos que a actividade dos profesionais da enxeñaría técnica agrícola ten relación coa información sobre os bens inmobles e o territorio.

A reunión tamén permitiu abordar novas iniciativas de colaboración e formación dirixidas aos profesionais colexiados, co propósito de mellorar o coñecemento das ferramentas e procedementos catastrais e facilitar a relación entre os técnicos, a cidadanía e a Administración.

O encontro enmárcase na vontade compartida polo Colexio e pola Xerencia Territorial do Catastro de dar continuidade ao convenio e fortalecer unha cooperación que contribúa a unha xestión máis eficaz da información territorial, poñendo en valor o papel dos profesionais como enlace entre a cidadanía e as administracións públicas.

Comparte este artículo

WhatsApp
Facebook