Gerente Catastro Manuel Junco y Secretario Colegio Miguel Viso
Con motivo da pasada Xornada, o Xerente territorial de Ourense, D. Manuel Junco, ofreceunos a posibilidade de realizar cursos en liña e gratuítos para os colexiados, que resultan de moito interese para ampliar a formación e información para a xestión de trámites ante a Xerencia de Catastro. O día a día de moitos compañeiros colexiados dedícanse a xestións de Particións de herdanzas, valoracións, medicións, cambios de titularidade… e demais traballos, que requiren a un profesional como son os Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.
Dende o CoitaOurense xa se impartiu un curso en liña e gratuíto no mes de setembro, na que participaron máis de 30 colexiados, debido ao interese poñeremos en marcha unha segunda edición desta formación en liña que tan boa acollida tivo. Este curso supón unha ampliación formativa do anterior para compañeiros que o fixeron así como unha achega de máis coñecementos para os que xa teñen coñecementos de base.