COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Convenio con Viratec

O Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense vén de firmar un acordo de adhesión ao Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), incorporándose deste xeito a preto de oitenta empresas e entidades de distintos sectores e áreas de traballo. No acto de firma estiveron presentes, representando ao COITA Ourense, o seu presidente, Manuel Rojo, e o secretario, Miguel Ángel Viso, xunto á vicepresidenta de Viratec, Josefa de León Blanco.

Dende o COITA Ourense cremos que é unha boa oportunidade para os nosos colexiados, xa que formaremos parte dun amplo catálogo de socios compartindo unha mesma natureza en común como é a sostibilidade e a preservación do medio ambiente.

Por todo isto, dende o Colexio de Enxeñeiros Agrícolas somos conscientes da importancia de ser partícipes neste proxecto de colaboración, podendo así acadar ofertas formativas e de emprego, e aportando profesionais en calquera das áreas que  requiran das técnicas agronómicas, de aforro de auga, de instalacións gandeiras, as industrias agroalimentarias, a biotecnoloxía, a xenética animal, a mecanización, a ordenación do medio rural… Contribuímos á modernización e desenvolvemento da nosa sociedade.