COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Entrega de diplomas do Cursiño de Iniciación á Cata de Viños

O pasado fin de semana tivemos a honra de participar na entrega de diplomas do Cursiño de Iniciación á Cata de Viños: Facendo Amigos co Viño, nun escenario tan espectacular como a Bodega Manuel Regueira. Esta xornada estivo marcada por momentos especiais, cheos de boas lembranzas, onde os asistentes puideron compartir a súa paixón polo viño.

O noso presidente, Manuel Rojo, acompañou aos participantes nesta celebración tan importante, destacando todo o aprendido ao longo do curso. Durante o evento, ademais de gozar dunha selección de grandes viños, o verdadeiro protagonista foi o compañeirismo entre amigos e colegas que compartiron esta experiencia única.