Lucas Cabanelas Vázquez ten dúas vidas, a de antes dos 17 anos e a de despois. O punto de inflexión foi un dilema habitual en moitos mozos. Estudo ou traballo? E se estudo, que elixo? Probou co que máis lle gustaba, o campo, e de aí chegou á Enxeñería Agrícola.
Hoxe é un xoven ITA de 33 anos con grandes proxectos executados e outros que ten moi claro que sacará adiante, como a súa explotación de porcos de raza porco celta.
Soubo vencer os problemas grazas tamén ao apoio dos seus pais, que lle deixaron fluír e atopar o seu propio camiño. Lucas é colexiado do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense.
Non te perdas a entrevista completa aquí.
Ou na seguinte ligazón:
https://www.agricolascentro.org/comunicacion/colegiado-mes-lucas-cabanelas