COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Encuentro de COITAs en Lugo: Debate e intercambio de ideas sobre o futuro da enxeñaría agrícola

O pasado venres tivo lugar en Lugo un «Almorzo Agrícola» que contou coa visita do Consello Xeral de COITAs, no que participaron varios profesionais do sector agrícola.

A actividade contou cunha mesa de traballo onde se debatiron propostas para o futuro da enxeñaría agrícola a nivel nacional. Durante este encontro, intercambiáronse ideas, experiencias e puntos de vista entre os asistentes, co obxectivo de mellorar a formación e a colaboración entre os colexios de enxeñeiros técnicos agrícolas de toda España.

Pola parte institucional, participaron o deputado provincial, Daniel García Fernández, da área de Medio Rural e do Mar, o presidente do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Carlos Gutiérrez, a directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, Rosa Romero, o presidente en funcións do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez, e o tesoureiro do Consello Xeral e presidente do Colexio de Almería, Fernando Paniagua.

Na apertura tamén participou Ivan Martínez Sabio, director da Filarmónica de Lugo,  María José Bande, Enxeñeira Agrónoma e Doutora en Enxeñería Agrícola, Investigadora do Centro de Investigacións Agropecuarias de Mabegondo, que actuou como moderadora e a clausura foi a cargo de Olga Iglesias, xefa territorial da Consejeria do Medio Rural.