COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Día Internacional da Muller Rural: Unha Oda ao Esforzo das Mulleres Galegas no Sector Agrario

Este 15 de outubro celebramos o Día Internacional da Muller Rural, unha data para recoñecer e poñer en valor o traballo incansable e a dedicación das mulleres que contribúen de maneira decisiva ao desenvolvemento do rural galego.

Un claro exemplo de compromiso e profesionalización é a nosa colexiada Adelina García, productora de castaña en Viana. A súa historia é un reflexo da forza das mulleres no campo e da importancia de impulsar o sector agrícola en Galicia, ademais de apoiar aos produtores locais. García, cunha traxectoria destacada na castanicultura, subliña a necesidade de fomentar a profesionalización no sector e de promover iniciativas que dean visibilidade ao traballo das mulleres rurais.

Ademais de destacar a súa labor, este día é unha oportunidade para recoñecer a todas as mulleres que, co seu esforzo diario, manteñen vivo o tecido rural. O seu traballo non só sustenta a economía local, senón que tamén axuda a preservar a nosa cultura e tradicións.

Podes coñecer máis sobre a historia e o labor de Adelina García no seguinte enlace: Ver historia completa.