COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Apostando polo talento: Recoñecemento ao mellor TFG en Enxeñaría Agraria

O pasado 20 de xuño , o Colexio Oficial de Enxeñeiros  Agrícolas de Ourense participou no acto oficial de graduación da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.

Esta participación enmárcase na vontade do Colexio de apoiar o talento novo e reforzar os vínculos coa institución universitaria.

Durante o acto, o noso presidente, Manuel Rojo López, fixo entrega do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) en Enxeñaría Agraria, un recoñecemento co que a entidade distingue cada ano o traballo máis destacado do alumnado desta titulación.

Nesta edición, o premio foi concedido ao graduado Martín Cid Fernández, polo seu TFG titulado:
“Estratexias de separación selectiva dos constituíntes do eucalipto e valorización das fraccións sacáridas mediante o emprego de auga e disolventes verdes”, dirixido polos docentes Dna. Sandra Rivas Siota e D. Carlos Vila Babarro.

Desde o Colexio queremos salientar a importancia desta colaboración co ámbito universitario, que permite establecer unha ponte directa entre a formación académica e o exercicio profesional. O contacto continuado entre universidade e colexio profesional é clave para asegurar unha incorporación efectiva dos novos titulados ao sector, fomentar a innovación e contribuír ao desenvolvemento sostible da actividade agraria na nosa provincia.

O Colexio seguirá impulsando este tipo de iniciativas que poñen en valor o esforzo do estudantado e reafirman o noso compromiso co futuro da profesión.