A Consellería do Medio Rural publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 10 de abril de 2025 a convocatoria de axudas para a reestruturación e reconversión de viñedos na comunidade galega, dentro da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC).
Poderán optar ás axudas:
- Persoas viticultoras ou futuras viticultoras con viñedos destinados á produción de uva para vinificación.
- Comunidades de bens e sociedades civís, cumprindo os requisitos específicos.
Actuacións subvencionables
- Replantación de viñedos (con ou sen sistema de condución).
- Sobreenxerto para cambio de variedade.
- Mellora de técnicas de xestión.
- Replantación obrigatoria por motivos sanitarios ou fitosanitarios.
Requisitos principais
- Superficie mínima: 0,2 hectáreas (individual) ou 1 hectárea (colectiva).
- A superficie debe estar en Galicia e cumprir coa normativa vitícola.
- As novas plantacións deben manterse en cultivo durante 10 campañas.
- Presentación obrigatoria por vía electrónica a través da sede da Xunta: https://sede.xunta.gal
O prazo estará aberto ata o 25 de abril de 2025.
As persoas interesadas poden consultar as bases completas no Diario Oficial de Galicia do 10/04/2025