COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Os retos do sector primario e a colaboración como clave para o futuro do rural

O Colexio participou nunha charla-coloquio centrada no sector primario e no rural, un espazo de diálogo necesario para analizar a situación actual e os desafíos de futuro.

O noso presidente, Pepe Paz, achegou unha visión clara dos principais retos que afronta o sector, entre eles o relevo xeracional, a rendibilidade das explotacións e o acceso a servizos no medio rural, destacando a importancia de abordalos desde o traballo conxunto.

Durante o encontro tamén se trataron cuestións clave como a necesidade de simplificar administrativamente a PAC, a realidade dun mercado global aberto —no que o sector debe desenvolverse sen renunciar á defensa do propio—, o impacto das esixencias e altos estándares produtivos, así como a relevancia de avanzar cara a unha maior soberanía alimentaria e garantir a viabilidade e rendabilidade das explotacións.

A xornada puxo de manifesto a importancia da colaboración, o compromiso e o coñecemento compartido como ferramentas fundamentais para reforzar o futuro do rural.