COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

IV FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO

O vindeiro día 2 de febreiro terá lugar a celebración do IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, onde se presentarán os principais resultados dos proxectos financiados ao abeiro da «Orde de axudas para o apoio a proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías» da convocatoria 2021 finalizados na anualidade 2023, así como un avance da vindeira convocatoria 2024 da «Orde de axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI)».

Durante a xornada tamén será presentado o proxecto europeo AgriFoodTEF por parte do consorcio galego liderado por AGACAL e Gradiant.

Formulario de inscrición:

https://forms.gle/ymBaRtuuGiqd8jGV8
Máis información: forodeinnovacionagraria.agacal@xunta.gal