COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

En lembranza de Santiago Murias Romero

Desde o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graduados Agrícolas de Ourense despedimos con fondo pesar o noso compañeiro Santiago Murias Romero, enxeñeiro técnico agrícola e un dos primeiros colexiados da nosa institución.

Hai persoas que forman parte da historia dun Colexio porque estiveron nos seus primeiros pasos. Santiago foi unha delas, e acompañounos ata o seu último día, e por iso a súa despedida deixa tamén un sentimento de gratitude e unha lembranza que permanecerá entre nós.

Á súa familia, amizades e compañeiros trasladámoslles o noso agarimo e acompañamento nestes momentos de dor.

Grazas, Santiago, por formar parte das nosas raíces. Descansa en paz.

Comparte este artículo

WhatsApp
Facebook