COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

AXENDA URBANA DA ÁREA FUNCIONAL DE OURENSE SUR

Neste mes de abril os representantes do colexio o presidente Manuel Rojo López e o secretario Miguel Angel Viso Dieguez participaron na Axenda Urbana da Área Funcional de Ourense Sur que despunta como unha ferramenta fundamental que require a colaboración e participación activa de múltiples axentes. Transcendendo as fronteiras municipais, este documento non só simboliza un esforzo cooperativo dos Concellos da Área Funcional e da Deputación de Ourense, senón tamén unha alianza con outros niveis de goberno superior e as distintas entidades do territorio (sociais, ambientais, empresariais, económicas, deportivas, culturais e demais axentes relevantes na comunidade). Mediante diversas actividades participativas, esta Axenda Urbana procura involucrar activamente á comunidade local a través das entidades e asociacións sectoriais, co obxectivo de recoller unha visión completa e diversa que reflicta as distintas perspectivas e inquedanzas presentes no territorio.