Manuel Rojo o noso presidente, nunha entrevista na Cope Ourense, subliñou o papel crucial que desempeñan os enxeñeiros agrícolas nas vendimas. Rojo destacou que «toda labor técnica está en mans dos enxeñeiros, é unha gran responsabilidade». Segundo el, a experiencia e o coñecemento técnico destes profesionais son fundamentais para garantir a calidade e a eficiencia nos procesos de vendima, dende a planificación ata a colleita, contribuíndo así ao éxito da viticultura na rexión.
Ademais, Rojo fixo un chamamento a todos os profesionais do sector para que se colexien, recordando que é un requisito imprescindible para exercer a profesión con pleno recoñecemento e respaldo. En canto aos obxectivos do Colexio, destacou a importancia de “unión, participación e visibilidade”. «Queremos que toda a xente saiba que traballamos, que os nosos profesionais están comprometidos e que contribúen ao desenvolvemento do sector”, afirmou Rojo.