O Colexio participou un ano máis no acto de graduación do IES O Ribeiro, celebrado no emblemático Castelo de Ribadavia, nunha xornada marcada pola emoción, o recoñecemento ao esforzo e a celebración dos logros acadados polo alumnado.
Durante o acto, o vicepresidente do Colexio, Pepe Paz, foi o encargado de entregar os recoñecementos aos estudantes que obtiveron o mellor expediente académico nos diferentes ciclos formativos do centro, poñendo en valor o seu traballo, constancia e dedicación ao longo da súa etapa formativa.
Os galardoados nesta edición foron:
- Sarela Mosquera Estévez, mellor expediente do Ciclo Básico en Industrias Alimentarias.
- Julián Domínguez Alonso, mellor expediente do Ciclo Medio en Aceites de Oliva e Viños.
- Manuel Hermida Gómez, mellor expediente do Ciclo Superior en Vitivinicultura.
Desde o Colexio queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación aos estudantes premiados, así como ao conxunto do profesorado e ao equipo directivo do IES O Ribeiro polo seu compromiso coa formación de profesionais altamente cualificados para os sectores agroalimentario e vitivinícola.
A colaboración do Colexio neste acto enmárcase na súa aposta polo fomento da formación, a excelencia académica e a promoción do talento novo, aspectos fundamentais para garantir o relevo xeracional e o desenvolvemento sostible dun sector estratéxico para a provincia de Ourense e para Galicia.
Un ano máis, o acto de graduación converteuse nunha oportunidade para recoñecer o esforzo realizado polo alumnado e para reforzar os vínculos entre o ámbito educativo e o profesional, contribuíndo á construción dun futuro cheo de oportunidades para as novas xeracións.