Nova oferta de emprego destinada a titulados/as en enxeñarías do ámbito rural, promovida pola empresa Auria Peritacións S.L., con sede en Ourense.
Se non cumpres os requisitos, pero coñeces a alguén que sí, agradécese que compartas esta oferta. A difusión pode axudar a atopar a persoa axeitada e contribuír ao desenvolvemento profesional no medio rural.
🏢 Sobre a empresa:
Auria Peritacións S.L. desenvolve a súa actividade no eido da enxeñaría rural, realizando traballos de topografía, peritaxes, proxectos técnicos, legalizacións e asesoramento no medio rural.
👷♂️ Posto ofertado:
Técnico/a en Enxeñaría (Agrícola, Forestal, de Montes ou Topografía)
Funcións principais:
- Traballos de topografía, levantamento de datos e elaboración de planos.
- Colaboración en proxectos rurais: obras civís menores, ordenacións forestais, abastecementos, etc.
- Apoio en informes técnicos, peritaxes e legalizacións.
- Xestión básica de trámites administrativos e atención a clientes no medio rural.
Requisitos:
- Titulación en Enxeñaría Técnica ou Grao en Enxeñaría Agrícola, Forestal, de Montes ou Topografía.
- Menor de 30 anos.
- Menos dun ano de experiencia profesional como enxeñeiro/a.
- Estudos rematados hai menos de 3 anos.
📄 Condicións do contrato:
- Tipo de contrato: Formativo (formación práctica profesional).
- Duración inicial: 5 meses.
- Posibilidade de continuidade: Contrato indefinido segundo desempeño.
- Xornada: Completa.
- Lugar de traballo: Celanova / Ourense.
📧 Envío de candidaturas:
As persoas interesadas poden enviar o CV e carta de motivación aos seguintes enderezos electrónicos:
- auriasl@gmail.com
- info@auriaperitaciones.es
Asunto do correo: «Oferta Técnico Enxeñaría 2025»