Inaugurada a 22ª edición de Termatalia, en Ourense, consolidándose como o principal punto de encontro da comunidade termal internacional alí estivo presente o secretario do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, Miguel Viso, acompañado polo alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, o vicerreitor do Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo, e a xefa da Área de Termalismo da Xunta de Galicia, Belén Gómez Quevedo.
Este evento reforza o papel de Ourense como referente clave no sector termal, situando a Galicia no mapa internacional. A feira preséntase como unha oportunidade única para o intercambio de coñecementos, experiencias e proxectos entre profesionais de todo o mundo, cun enfoque na innovación e sustentabilidade.