COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

AXUDAS DOGA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou O 26/07/2023 unha nova convocatoria de axudas da Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027. Estas subvencións terán unha dotación de 5.580.000 euros.