COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

As explotacións xa non estarán obrigadas a contar con veterinario nin plan sanitario

O Ministerio de Agricultura aprobou un novo decreto que modifica de forma significativa a normativa sanitaria nas explotacións gandeiras. A principal novidade é a eliminación da obrigatoriedade de dispoñer dun veterinario de explotación, así como dun plan sanitario e de benestar animal, medidas que anteriormente eran esixidas para garantir a saúde e o control do gando.

Tamén se retrasa ata o 25 de xuño de 2025 a obrigatoriedade da identificación electrónica do gando bovino. A partir desa data, só os animais nacidos a partir desa xornada deberán levar este sistema de control.

O plan sanitario integral, que inicialmente ía ser de cumprimento obrigatorio en todas as explotacións comerciais, pasa agora a ser voluntario.  

Aínda que a figura do veterinario xa non será imprescindible, mantéñense as visitas zoosanitarias obrigatorias por parte dos servizos veterinarios oficiais ou das agrupacións sanitarias gandeiras.