COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

A Comisión de Visados reúnese luns e xoves para aprobar proxectos

Co obxectivo de mellorar a eficiencia e facilitar o traballo dos colexiados, a Comisión de Visados do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense reúnese todos os luns e xoves. Esta comisión é a encargada de revisar e visar os proxectos presentados  asegurando que cumpren coa normativa vixente e garantindo todas as garantías técnicas e legais.

A dixitalización deste proceso permite que tanto os colexiados como a comisión realicen as xestións de forma remota, sen necesidade de desprazamentos  o que axiliza os trámites . A través da plataforma en liña, os profesionais poden enviar e recibir a documentación de maneira rápida e eficiente.

Se tes un proxecto pendente de visado, lembra que podes presentalo de forma dixital, e será revisado  nas sesións dos luns ou xoves.