COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS E GRADUADOS AGRÍCOLAS DE OURENSE

Novo Proxecto Pioneiro en Galicia para a Conservación do Porco Celta

Un paso máis na conservación do patrimonio gandeiro de Galicia: o enxeñeiro agrícola Lucas Cabanelas deseñou un ambicioso proxecto de explotación porcina centrado na raza autóctona Porco Celta, co obxectivo de garantir a súa conservación e potenciación.

O proxecto, titulado “Explotación Porcina de Porco Celta Destinada a Docencia”, ten como principal obxectivo preservar esta especie en perigo de extinción, promovendo ademais a sostibilidade e a innovación dentro do sector gandeiro. A iniciativa non só se centrará na preservación do porco celta, senón que tamén fomentará a educación e a investigación, permitindo a formación de novos profesionais neste ámbito.

A Deputación de Lugo será a encargada de executar este proxecto no municipio de Castro de Ribeiras de Lea, o que ademais representará unha gran oportunidade para o desenvolvemento local, integrando a formación teórica e práctica de futuros expertos en gandeiría sostible.

Un exemplo claro de como a enxeñaría agrícola contribúe ao desenvolvemento de solucións sostibles que impactan directamente na conservación do noso patrimonio natural.

Para máis información, visita o artigo completo aquí.

¿Necesitas un colexiado para o teu proxecto ?

Actualidade

Inauguración 22ª edición de Termatalia

Inaugurada a 22ª edición de Termatalia, en Ourense, consolidándose como o principal punto de encontro da comunidade termal internacional alí  estivo presente o secretario do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, Miguel Viso, acompañado polo alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, o vicerreitor do Campus de Ourense,

Ler máis »