colexio > dereitos e vantaxes

OBLIGACIÓN DE COLEXIARSE. COLEXIACIÓN ÚNICA.


Art. 35 dos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas.
 

É requisito indispensable para o exercicio da profesión de EnxeñeiroTécnico Agrícola acharse incorporado ao Colexio correspondente. Para exercer en todo o territorio nacional abondará a incorporación a un solo dos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas. Este será e do domicilio único ou principal do profesional; ou, no seu defecto, o do lugar onde se desenvolva efectivamente a profesión.
 

Moitas son as persoas que preguntan polas vantaxes e inconvenientes que reporta estar colexiado, pois ben, calquera colexio profesional se pode considerar como un "caixón de xastre" onde caben, persoas, ideas e servizos. As persoas han de cumprir un requisito único e imprescindible: posuír o título de Enxeñeiro ou perito Agrícola. As ideas, todas, as máis plurais; ademais, se achegan algo á profesión por pouco que sexa, mellor. En canto aos servizos, entre todos os compañeiros se han de marcar as metas e os obxectivos a cubrir, por iso coas ideas de todos, podemos determinar que tipos de servizos ten que poñer o Colexio a disposición dos colexiados; considerando que os servizos ten un custo económico e humano que ha de ser sufragado polas persoas que integramos o colexio.
 

Estar colexiado dá dereito, entre outras cuestións, a exercer a profesión no Estado Español así como nos Estados membros da U.E., á participación no funcionamento do Colexio e a recibir unha serie de servizos e vantaxes que se detallan a continuación:

  • Bolsa de traballo.
  • Cursos de formación: Periodicamente realízanse cursos de formación de diversa natureza.
  • Preparación de Oposicións.
  • Servizo de información relativa á profesión: recursos, disposicións oficiais, normativas.
  • Visado de proxectos e realización de certificados.
  • Seguros:La Mutualidade de Previsión Social dos Enxeñeiros Técnicos Agrícolas Españois ofrece diversos tipos de seguros a nosos colexiados.
  • Peritacións legais.
  • Defensa para o cobramento dos honorarios profesionais legais.

POR QUE COLEXIARSE

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica