novas
VISITA A COREN

O Presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas xunto coa Tesoureira e o Secretario, tiverón unha reunión cos Técnicos de Corén, que é a principal cooperativa agroalimentaria de España, dedicada á produción en avicultura (pito, pavo e ovos), porcino, vacún e cunicultura. A ela están vinculadas máis de sete mil familias, entre cooperativistas e traballadores.
Dende o Colexio estamos traballando cos diferentes sectores produtivos da Provincia comprometido co desenvolvemento da agricultura, estudando e difundindo as técnicas e avances que se produzan.
© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521
E-Mail: colegio@agricolasourense.com 
