novas

 O Inorde e Enxeñeiros Agrícolas suman forzas a prol do sector primario

                                                           
                                                                           Colexio Oficial Enxeñeiros Agrícolas de Ourense
e O Inorde , exploran posibles liñas de colaboración entre ambas entidades para desenvolver proxectos no ámbito do sector primario. Así o analizaron o presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernánadez e Emma González, co presidente, vicepresidente e secretario do Colexio, Manuel Rojo, José Paz e Miguel Ángel Viso, respectivamente, durante a visita ás instalacións e á finca de ensaio do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde. Durante a mesma, o presidente do Inorde destacou a importancia da cooperación entre os distintos axentes implicados no sector primario “para establecer sinerxías que favorezan o correcto desenvolvemento do mesmo”. Os representantes do Colexio tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os servizos que presta o Inorde en relación á xestión económica e medioambiental das explotacións, centradas nos cultivos de maior desenvolvemento social como poden ser o cereal, a pataca, a horta e o castaño, así como as que están vinculadas ao desenvolvemento de cultivos de menor extensión pero que teñen un marcado carácter innovador como arándanos, olivos, ou legumes.

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica