novas

 REUNIÓN CO DELEGADO TERRITORIAL DE OURENSE

ℹEsta mañá o presidente e o secretario do Colexio Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, Manuel Rojo e Miguel Ángel Viso reuníronse co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, co obxectivo de intercambiar impresións de primeira man e dar a coñecer as inquedanzas do sector, e o que noso colexio representa no ámbito agroalimentario e do medio rural.
En Ourense contamos con cerca de 300 profesionais colexiados o que amosa a importancia desta organización no sector agrario da provincia destacando a importancia da colaboración cos distintos organismos como a Xunta de Galicia. Aproveitamos a vista á delegacion para facer entrega da nosa Revista Agraria, que recolle un fiel reflexo das actividades que se levan a cabo na provincia de Ourense, resaltando como os profesionais do noso sector somos fundamentais para o desenvolvemento de proxectos de valor para a provincia.

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica