novas

 MANIFESTO DE APOIO O SECTOR AGROALIMENTARIO LOCAL




Nestes momentos tan difíciles, o colectivo de #EnxeñeirosTécnicosAgrícolasdeGalicia queremos, a través deste comunicado, manifestar o noso apoio e recoñecemento a todo o sector primario e a aqueles cos que habitualmente colaboramos, xa sexa en relación coa agricultura, coa gandería ou coa industria #agroalimentaria. Ao mesmo tempo, queremos transmitir á sociedade a importancia crucial da súa supervivencia.

Sen dúbida ningunha, o COVID-19 vai provocar cambios sociais importantes. Estes cambios non poden obviar algo tan determinante, esencial e estratéxico como é a alimentación xa que, para que esta se poida garantir a nivel global, é preciso mantela viva a nivel local.

Os hábitos de consumo nestes tempos de confinamento cambiaron drasticamente. O consumidor apenas ten a oportunidade de escoller o produto que merca xa que reducir o tempo de compra é unha prioridade para evitar os riscos de acumulación de persoas e manter a distancia social. Unha boa parte da elección da compra corre a cargo dos establecementos comerciais que concentran a maior oferta e isto provoca que o pequeno comercio e o consumo da materia prima local se vexan desprazados.

A supervivencia das estruturas agrarias e gandeiras de aproximación implícanos a todos e o seu futuro condiciona o noso. Por esa razón, é preciso que, non só os consumidores senón tamén aqueles grupos de compra, distribución e intermediación no sector poñan todo o esforzo posible en promover o consumo dos produtos locais e o mantemento das estruturas agroindustriais durante o confinamento.

O noso colectivo, que está vendo de preto as dificultades de venda de materia prima que atinxe as bodegas, a gandeiría, as plantas de horta, etc...quere poñer de manifesto a necesidade de facer un esforzo de demanda e compra do NOSO para garantir que, cando esta difícil situación se supere, sigan aí para continuar ofrecéndonos o mellor.
#QUEDANACASA
#PRODUCTOSLOCAIS
#QUEDATEENCASA
© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica