novas

 ASAMBLEA XERAL DE DECEMBRO

                                                             
  O Venres día 20 de decembro celebrábamos a Xunta Xeral do Colexio Oficial de Enxeñeiros 
#Agrícolas de Ourense. Na que tratamos os puntos da Orde do día, posta en coñecemtno das actividades realizadas do último semestre e de próxima execución para o vindeiro ano. A ocasión que ben o merecía, aproveitabamos para presentar o primeiro número da nosa revista, AGRICOLAS #OURENSE, con moita ilusión por todo o que representa este proxecto e polo que temos que das as Grazas pola colaboración dos colexiados, dos membros da xunta de goberno e co apoio da Deputación de Ourense, de que este primero número xa é unha realidade.
Unha publicación onde podedes atopar noticias interesantes que destaca o traballo e as competencias da nosa profesión ao servizo do Medio Rural galego e, en particular, na provincia de Ourense.
Difundirase a diferentes organismos e estará dispoñible para a poboación en xeral, polo que contribuirá a facer máis coñecido o traballo dos Enxeñeiros Agricolas e a actividade agroalimentaria na provincia de Ourense.

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica