novas

 REUNIÓN CON CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE OURENSE


O presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, Manuel Rojo, e o secretario Miguel Angel Viso, reuníronse có Concelleiro de Medio Ambiente e tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar. O obxectivo da reunión foi o de abrir unha liña de cooperación entre os colexiados, no asesoramento e apoio ás iniciativas que se desenvolvan dende a Área de Medio Ambiente e perímetro rural. Intercambiaron opinións acerca dos futuros proxectos da Concellería e sobre como colaborar a curto e medio prazo.
 

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica