novas

 Novo Real Decreto de Normas básicas de ordenación de granxas avícolas

Xa está dispoñible o borrador do novo Real Decreto de "Normas básicas de ordenación de granxas avícolas" que prepara o MAPA.


Entre as novidades deste real decreto está a prohibición de levar a cabo novas instalacións avícolas a menos de 500 metros das xa existentes, ademáis das que se dediquen a cría de porcino, transformación de subprodutos animais, matadoiros, etc.

Esta prohibición amplíase a 1000 metros no caso das explotacións de recría, e a 2000 nas de selección e multiplicación, e tamén inclúe a prohibición aplicar estercos a menos de 100 metros.


Podedes consultar o proxecto de Real Decreto neste enlace:
https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/participacion-publica/borradorordenacionaviculturaagosto2019_sgt_tcm30-512741.pdf
© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica