novas

 Orde do 17 de febreiro de 2009 pola que se convocan bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria

Orde do 17 de febreiro de 2009 pola que se convocan bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria.


+ Info. no Doga do luns dia 23 de febreiro do 2008, Conselleria do Medio Rural.

O Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria atribúelle a aquela competencias en materia de investigación e formación agroforestal e agroalimentaria.


Coa finalidade de que os recentemente titulados universitarios en especialidades agroforestais, veterinaria e afíns, así como os titulados de formación profesional e alumnos dos ciclos formativos de grao medio ou superior da familia agraria, complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, a Consellaría do Medio Rural veu convocando bolsas de prácticas en anos anteriores a través das distintas liñas de axudas que se considera necesario unificar co fin de racionalizar a asignación dos recursos públicos. Estas bolsas de prácticas serán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no 80%.


-35 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellería do Medio Rural, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, veterinarios, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica