Catastro

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, dende o ano 2005, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta ás necesidades dos nosos colexiados pola crecente demanda de información catastral para a tramitación de traballos.


O PIC do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia. O custo das certificacións será de 3 € el certificado y 1€ la relación de bienes, en concepto da copia en color e do papel.


Dende calquera PIC o titular catastral, personado con unha copia do DNI e firmando a solicitude poderá acceder a :


Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens da súa titularidade.


No caso de que o titular sexa representado, deberá vir o representante acompañado coa copia do DNI do titular e unha autorización firmada por este segundo o modelo que se adxunta .


O Colexio atende as demandas de información catastral no horario de luns a venres, de 9:30 á 13:00 horas, e as tardes do luns e xoves, de 17:00 a 19:00 horas. Dependedo do volume do traballo que teñemos no colexio non aseguramos dalos no momento.


© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica