Asesoramento

O colexio ofrece ao seu colexiados asesoramento para o exercicio da súa profesión.
 

Asesoramento técnico: sobre competencias profesionais, formación, proxectos, organización colexial, lexislación, etc. realizado polo Secretario Técnico e a Xunta de Goberno do Colexio. As consultas pódense realizar por teléfono, correo electrónico (colegio@agricolasourense.com) ou utilizando o formulario de contacto.
 

Asesoramento Xurídico: a través da Asesoría Xurídica do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas ou dirixíndose ao colexio para trasladar as dúbidas aos Asesores que temos contratados.
 

Seguros Colexiados: Póliza Responsabilidade Civil Profesional Colectiva. Desde o 01/01/2018 producirase a renovación do Seguro de Responsabilidade Civil Profesional que o Colexio ofrece aos seus colexiados. Polo feito de ser colexiado, o Colexio subvencionará (a todo colexiado que a data 31 de decembro de 2017 se atope ao corrente de pago de cotas), unha cobertura básica de 30.000 € de límite por sinistro, asegurado e período de seguro co obxectivo de facer fronte a reclamacións de menor relevancia. Mais información e ampliación de coberturas en munitec.es/prestaciones
 

Visado Electrónico: Para acceder ao Visado-e, é necesario ter certificado dixital e seguir o MANUAL DE VISADO, ademais non esquezas enviar despois da portada do teu traballo o Modelo de Solicitude Expresa do Visado (traballos sen obrigación de visado). Ligazón ao Visado: visado.agricolasourense.com

© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521 E-Mail: colegio@agricolasourense.com      Facebook do Coita
Diseñado y desarrollado por ACV Galaica