últimas novas
O COLEXIO NOS MEDIOS

Dende o Colexio intentamos estar presentes nos medios con bastante frecuencia para visibilizar as función dos Enxeñeiros Técnicos Agricolas de cara a sociedade.
Como dí o artigo : Estes técnicos non se ocupan só —como quizá sexa a súa faceta máis coñecida— dos cultivos e os tratamentos fitosanitarios, senón que tamén teñen competencias nas construcións relacionadas coa agroindustria, un labor profesional menos recoñecida, explica o presidente do colexio, Manuel Rojo.
ASAMBLEA XERAL E SAN ISIDRO

O Venres 19 de maio, celebranos a nosa Asamblea Xeral e a festividade de San Isidro Labrador, patrón dos agricultores e dás profesións #agrarias como a Enxeñería Agrícola.
Merecida homenaxe aos que levan máis de 25 anos de colexiación, prémios ao mellor proxecto e nomeamento dos novos colexiados.

Grazas a todos os nosos compañeiros colexiados do Colegio Oficial Ingenieros Agrícolas de Ourense ao Deputado provincial Jorge Pumar Tesouro, ao decano da Facultade de Ciencias de Ourense Francisco Javier Rodríguez Rajo, por acompañarnos nun día tan importante para a nosa profesión.
FERIA CAMPUS

Asistimos a Feria Campus, convidados polo Decano da Facultade de Ciencias de Ourense Fco Javier Rodriguez Rajo, á mesa redonda para tratar a importancia da Enxeñería Agraria, expondo todas as atribucións que ten esta carreira profesional, contado dende a experiencia do Presidente Manuel Rojo e a propia do #colexioagricolas, na que asistiron estudantes da #EnxeñeriaAgraria da Facultade de Ciencias de Ourense. Pondo en valor a nosa profesión e a Colexiación para o exercicio da mesma.
© Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados - AVISO LEGAL
C/ Cardenal Quevedo n° 25, entlo. Izda. 32004 Ourense Telf. e Fax: 988 239 521
E-Mail: colegio@agricolasourense.com 
